Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG laurentino fai un campaña de firmas para cambiar a ubicación da feira

Por 25 Agosto, 2020Sin comentarios

Durante esta semana o grupo nacionalista de Lourenzá fixo unha campaña de firmas cos comerciantes da vila, na que solicitaban que os postos de venta ambulante que se colocan os días das feiras, 9 e 28 de cada mes, se transladen a praza do Conde Santo e as súas inmediacións (rúa Paseo de Oia).

“Uns 20 comerciantes do centro da principal parroquia viron con bos ollos esta solicitude e firmaron o documento, apoiando así dita iniciativa”, din dende o BNG laurentino.

Pola situación actual provocada pola pandemia da covid-19 e a necesidade de protexer á poboación de posibles contaxios, recoméndase o desenvolvemento ao aire libre das diferentes actividades levadas a cabo polo público en xeral. “Logo parécenos lóxico e factible que a actividade económica que xeran as feiras do 9 e do 28 de cada mes sexa aproveitada para o fomento do comercio local mediante o traslado dos postos da feira ata o centro da vila o que  impulsaría positivamente a economía do comercio e a hostalería”, engaden.

Na actualidade os postos sitúanse fóra da nave da feira e mentres dure o bó tempo entenden que seguirá a ser así. Ademáis, o incremento de visitantes nesta época estival, debe ser aproveitado para beneficio das veciñas e da actual maneira desvíase cara ó mercado gandeiro e non repercute no comercio local tanto como podería si os postos ocupasen unha das rúas do pobo como pasa nos concellos veciños.

Dita inciativa foi rexistrada nas dependencias do Concello e será proposta como moción, levada a cabo por este grupo, para o próximo pleno do mes de setembro.

Por outra banda, o Concello aclara que xa leva varios meses traballando nesa idea xa que sempre foi unha iniciativa que quixeron poñer en marcha. “Obviamente é unha opción que se debe contrastar coa Asociación de Comerciantes, que é o órgano que representa ao comercio e van ser os principais afectados por este cambio e a postura debería ser conxunta”, din dende as dependencias municipais.

Están pendentes tamén dunha reunión cos postos que asisten cada 9 e cada 28 á feira, para estudar esa posibilidade de cambio de ubicación, xa que pagan pola superficie que ocupan e polo tanto tamén deben buscar un consenso con eles. Ademais esan estudando tamén a nova ubicación xa que pode afectar a ocupación dalgunha rúa e lóxicamente habería que falar cos comercios correspondentes que están alí ubicados.

Dende o Concello “gustaríanos trasladar a feira no seu conxunto, esto é, con todos os postos que a forman, sen que ningún quede no recinto feiral. É unha opción complexa xa que buscar ubicación para o pulpo e para a venda de animáis non é fácil, e arriscarnos a deixar parte dos postos no recinto feiral actual pode desmellorar a feira no seu conxunto, é iso sí que non nos gustaría que pasara”.