Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Rematadas as obras de mellora nas escaleiras do Calexón de Cachocha de Viveiro

Por 25 Agosto, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro vén de realizar labores de mellora no Calexón de Cachocha,  en Celeiro. Este calexón, que une a Rúa da Praia coa Rúa Atalaia, é un dos máis antigos de Celeiro e as súas escaleiras, construídas a mediados dos anos 60 –xa que nos seus inicios era unha rampa con moita pendente-, atopábanse bastante deterioradas.

Coa execución destas obras o goberno municipal pretende que os veciños e veciñas que transitan por este calexón poidan facelo nunhas mellores condicións, con maior comodidade e menos perigo, especialmente nos meses de inverno e outono, cando o piso está húmido debido ás choivas.