Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Concerto de Manoele de Felisa en Riotorto

Por 26 Agosto, 2020Sin comentarios

O auditorio de Riotorto acollerá este sábado, 29 de agosto, un concerto de Manoele de Felisa, ás 22.00 horas organizado pola Asociación de veciños de Órrea.

É todo un pracer escoitar a Manoele de Felisa, natural de Cuntis e moi vinculado, por razóns de familia, con Portonovo. El, que segue, con personalidade, o curso de Amancio Prada ou Batallán ten oficio e arte; conta, sen dúbida, con moito camiño por diante, como autor con obra e como intérprete de temas alleos que el fai seus, moi seus.