Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Campá da Liberdade servirá de unión turística entre O Vicedo e Portomarín

Por 28 Agosto, 2020Sin comentarios

O Concello do Vicedo fizo unha doazón ao de Portomarín dunha campá situada na ponte de entrada a Portomarín polo Camiño de Santiago desde Paradela e pertence a “un barco que se afundiu na costa”, dixo Jesús Novo, alcalde do Vicedo.

“O alcalde de Portomarín acordou comigo póñela na entrada dá vila como un reclamo turístico, que estreita os lazos entre os nosos concellos”, recalcou Novo.

A Campá da Liberdade, donada polo Concello de Vicedo ao de Portomarín, servirá para que os peregrinos que a fagan soar teñán un compromiso “moral” para facer unha visita ao Fuciño do Porco.

No acto de presentación estivo presente Cristóbal Rivas, párroco vicendense, que bendixo o monolito de pedra que sirve de base para a campá. Xunto a ela colocarase tamén unha placa cun texto que falará sobre á obriga de visitar o Fuciño do Porco nalgún momento da vida do visitante.