Skip to main content
Actualidade

A provincia suma 73 casos novos, a maioría na cidade de Lugo

Por 28 Agosto, 2020Sin comentarios

A pandemia de coronavirus continúa en crecemento continuo tras sumar 65 casos activos máis que onte, o que supón un total de 547 actuais con 73 novos contaxios, a maior parte deles na cidade de Lugo, nun gromo orixinado tras unha festa nun pub e desenvolvido entre os veciños da Milagrosa.

Preocupa tamén a situación en Outeiro de Rei, onde deron positivo dúas traballadoras do centro de maiores, traballadoras que xa estaban aisladas porque tiveran contacto con positivos. Polo tanto, realizaranse test aos residentes para intentar localizar aos positivos e evitar a situación que tivo lugar na residencia do Incio.

Tamén aumentou e un o número de ingresados no hospital, que son 11 no Hula e 21 en Monforte. Sumáronse tamén 8 altas ata sumar 1.838 casos acumulados.

Mentres pechan centros de maiores, saen novas normas restrictivas coas reunións en distintas localidades afectados ou con proximidade aos distintos gromos.

GALICIA

Por outra banda, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.139 deles 1.351 son da área da Coruña, 547 da de Lugo, 292 da de Ourense, 187 da de Pontevedra, 189 da área de Vigo, 450 da de Santiago, e 123 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 100 en unidades de hospitalización e 3.027 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.292 persoas curadas, rexistrándose 635 falecementos.

O aumento de casos está cifrado na última xornada en 200 casos activos máis. Lugo e Santiago son as zonas onde se produxo un crecemento maior.

Aínda que o volume de afectados é similar ao momento no que Galicia empezou o desconfinamento, a situación está máis asegurada xa que a presión hospitalaria e moito menor xa que a maioría de casos activos son de mozos, asintomáticos e atópanse illados nos seus domicilios.