Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Xunta plantexa pagar un terzo do custe da depuradora de Reinante

Por 28 Agosto, 2020Sin comentarios

A alcaldesa, Ana Ermida, e a concelleira de Medio Ambiente, Dámaso Ratoeira, trasladáronlle onte a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, nunha reunión o problema de saneamento que hai no Concello.

A cuestión que o goberno presentou foi a necesidade de contar cun sistema de depuración de augas residuais nas parroquias de San Miguel e Reinante que eviten os verquidos á praia de Arealonga, que sufre unha importante degradación desde hai anos e que constitúe a “porta de entrada ao noso municipio desde o lado de Ribadeo, nunha zona especialmente delicada medioambientalmente.”

A Xunta comprométeuse a pagar o súa parte correspondente por a obra na depuradora de San Miguel de Reinante cuxo total ascendería a máis de tres millóns de euros e Deputación e Concello pagarían os outros dous terzos.

Vázquez tamén ofreceu apoio técnico para atopar a mellor solución o problema, aínda que destacan que tanto o saneamento como o abastecemento son competencia municipal e Ermida panteo a construción dunha depuradora a través de humedais por considerarse máis barata e ecolóxica.

Pola súa banda, Ermida dixo que “buscarán fontes de financiamento xa que máis dun millón de euros son inaccesibles para un Concello”.