Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Xove homenaxeou a Antía Castro

Por 29 Agosto, 2020Sin comentarios

O Concello de Xove homenaxeou á campiona de España de Gigante de patinaxe alpino, na categoría U15 damas, Antía Castro.

A xovense recibeu de mans do alcalde Demetrio Salgueiro a figura institucional do Faro de Roncadoiro  como recoñecemento aos seus trunfos deportivos.

Antía proclamouse Campeona de España (medalla de ouro) na citada categoría o pasado sábado 22 de agosto, nunha competición deportiva celebrada en Bejar -Salamanca.

Pero non foi este o único trunfo de Antía, xa que o domingo 23, tamén en Bejar, quedou 1ª clasificada na 1ª Fase da Copa de España de Slalom de patinaxe alpino. A Antía quédanlle dúas fases que se van a celebrar en Puigcerdá e Villablino nas vindeiras semanas, mantendo serias posibilidades de conseguir tamén algo importante nesta outra modalidade.