Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Apaga Ribadeo premiou o apoio recibido por empresas no Forum

Por 30 Agosto, 2020Sin comentarios

 O presidente de APAGA, Álvaro Doural, fixo un balance moi positivo do IX Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que esta noite remata en Ribadeo. A asociación premiou a Industrial Recense, Carrocerías Hermanos Rega, Agacal e Seguros Óscar García Teijeria polo seu apoio. Foi no transcurso da cea celebrada onte, xoves. APAGA decidiu poñer en marcha estes galardóns na súa última asemblea xeral.

Para Álvaro Doural “dada a situación e o momento que vivimos,  creo que o balance deste Fórum é moi positivo. Aínda que nesta edición non temos o número de participantes de anos anteriores, pero a calidade das ponencias segue mantendo un alto nivel e está claro que este novo sistema de traballo quizás se vaia quedar. Eu creo que foi un acerto importante meter actividades lúdicas, e quizáis foi un programa un pouco sobrecargado de actividades, pero penso que os participantes están francamente moi contentos da actividade. Agora hai que seguir traballando por todo isto, que eu creo que merece a pena. Todo isto ven a indicarnos o camiño a seguir: isto non pode parar e debemos seguir traballando aínda que as circunstancias ás veces son difíciles e complexas e sempre un está con certo temor de que poida haber algún problema de contaxio, pero tomando as medidas de seguridade e de hixiene oportunas non ten por qué pasar nada”.

O presidente de APAGA tamén se referiu á asemblea xeral da asociación, que se celebrou onte pola tarde: “decidimos crear unha nova iniciativa, que son os premios e recoñecementos a determinadas entidades polo seu apoio á labor que está desempeñando APAGA. Son empresas e entidades de aquí, da zona, e algunha tamén externa. Onte á noite recoñecemos xa a catro institucións e empresas: por una parte Carrocerías Hermanos Rega, Industrial Recense, Agacal (departamento de Consellería de Medio Rural) e tamén á empresa Seguros Óscar García Teijeira, que colabora desde o inicio deste Fórum con nos. Na asemblea de onte presentamos tamén o esquema de traballo e de proxectos de 2020-2021 e rendéronse as contas, como todos os anos, do exercicio do ano pasado, de 2019 neste caso, que é o exercicio que está pechado. Así mesmo expúxose cómo está todo o que son os proxectos Erasmus, afectados polo covid-19. Nesta asemblea os socios tamén propoñen algunha cousa novedosa. O ano pasado propuxeron que neste 2020 houbera unha parte lúdica e así se fixo coas saídas que realizamos estes días”.

Os galardóns entregados onte á noite foron recollidos por Luis Ansedes, de Industrial Recense; Eduardo Rega, de Carrocerías Hermanos Rega; Óscar e Eliseo García Teijeira, de Seguros Óscar García Teijeira; e Manuel Rodríguez, director de Agacal.