Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os populares de Ribadeo afean o estado das instalacións municipais de Rinlo

Por 31 Agosto, 2020Sin comentarios

O coordinador de deportes do PP de Ribadeo, Tito Suárez, demanda unha maior conservación e mellor coidado das instalacións públicas municipais. Sinala o popular, neste caso, “o mal estado no que se atopa a pista polideportiva e a área recreativa de Rinlo” que no primeiro caso se atopa sucia e esvaradía e, no segundo, sen rozar, chea de maleza que impide o seu uso e que, incluso, chega a tapar completamente o seu mobiliario. Isto “amosa a mala xestión do goberno local”; así coma “a malísima política de conservación de recursos do Concello”, di.

O popular recorda que estas instalacións foron construídas cos impostos de tódolos ribadenses e “merecen ser conservadas e coidadas para que estean en óptimas condicións para o seu uso”. 

Dende o Grupo Municipal do PP instan ao goberno do BNG a que empregue máis recursos para conservar tanto estas instalacións de Rinlo coma outras de todo o termo municipal que tamén se atopan en situación de “total abandono”.

Parques infantís

“Esta é outra mostra máis do total abandono por parte do goberno local ás instalacións municipais de uso público” que se engade, por exemplo, á falta de mantemento dos parques infantís que criticaba, fai poucos días, a vicevoceira do Grupo Municipal Popular, Elena Sierra. O estado do parque infantil do Xardín ou o da rúa Pintor Fierros constitúen “un risco para os seus usuarios”.