Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Alcoa e Liberty non chegan a un acordo nas primeiras negociacións

Por 1 Setembro, 2020Sin comentarios

A multinacional estaounidense Alcoa comunicou as diferentes condicións e negociación que se están a tratar para acceder a venda da planta de aluminio a Liberty House.

Segundo o comunicado, Alcoa afirma que fixo “unha proposta xusta a GFG, Liberty House, para facilitar a venda da planta de aluminio. A empresa accedeu a vender a planta por un euro, a achegar 50 millóns de dólares a un fondo para tratar de garantir o éxito futuro da planta, a pagar os custos (estimados en ata 60 millóns de dólares) necesarios para a separación da planta de aluminio da refinería, e a conceder un contrato de subministración de alúmina por cinco anos en condicións estándar de mercado”, din.

A multinacional sinalou tamén as peticións que propón a empresa británica na que “GFG Alliance está a pedir comprar a planta de aluminio por un euro e que ademais Alcoa asuma custos de ata 170 millóns de dólares na venda, négase a comprometer financiamento propio para a viabilidade futura da planta, insiste en obter opcións exclusivas para controlar a refinería de alúmina de San Cibrao e pretende obter un contrato de subministración de alúmina durante 20 anos, sen precedentes no mercado e fóra dos límites das prácticas habituais desta industria”

“GFG afirmou que estaba disposta a asumir todas as perdas da operativa en curso e responsabilidades da planta de aluminio. Agora, GFG só se ofreceu a pagar un máximo dun millón de euros ao mes ata o peche da transacción, cantidade substancialmente menor que as perdas mensuais actuais”, din dende Alcoa, “non proporcionou un plan de negocio que describa como garantirá o futuro da planta de aluminio e achegará unha solución enerxética competitiva”, engaden.

Alcoa remata o seu comunicado dicindo que están a realizar “concesións extremadamente razoables a GFG Alliance” para chegar a un acordo e que “seguen á espera dunha resposta de GFG para determinar se está disposta ou non a seguir adiante coa adquisición da devandita planta”.
De non chegar a un acordo de venda antes do 28 de setembro, retomarase o período de consultas do ERE presentado, que suporía o despedimento de máis de 900 empregados entre a factoría de alúminio e os auxiliares.