Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Cervo organiza a actividade de Láser Tag, Ender’s Game

Por 1 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo organiza a actividade de Láser Tag, Ender’s Game para o venres 4.

Así, o próximo venres propoñén unha novidosa actividade enmarcada no programa Ler Conta Moito.

Trátase dun obradoiro baseado na novela, O Xogo de Ender no que, logo de mergullarse no ambiente da obra, crearán instrumentos electrónicos tipo alarma láser e marcadores láser tag para facer un xogo de estratexia e de traballo en equipo.

A actividade será ás 12 horas na casa da cultura de San Cibrao e para nenos a partir de 12 anos.

O aforo está limitado a un máximo de 5 grupos de 4 integrantes e para anotarse ou pedir información haberá que chamar 691 656 600.

Durante a celebración da actividade seguiranse todas as medidas de seguridade e prevención fronte ao COVID-19