Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O rexedor cervense insta aos dirixentes a aprobar con urxencia o estatuto de electrointensivas

Por 1 Setembro, 2020Sin comentarios

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, insta aos dirixentes mariñáns socialistas a que utilicen os seus encontros periódicos para solicitarlle ao Goberno central a aprobación urxente do estatuto de empresas hiperelectrointensivas, polo que levamos agardando dous anos.

Villares apunta nesta liña, que “a verdadeira reconstrución da Mariña comeza evitando o peche das cubas de electrólise”, e para iso é primordial que o Estado devolva eses 70  millóns que viñan ano tras ano para a nosa bisbarra desde que a industria do aluminio comezou a operar “cando era pública ou privada, fose o goberno dunha cor ou outra”; sempre, ata agora, houbo unha axuda estatal que garantía o funcionamento das cubas, hoxe en serio risco de peche. Eses 70 millóns –recorda- non son máis que o estatuto de empresas hiperelectrointesivas que levamos reclamado todos, capitaneados polo comité de empresa, desde o primeiro momento.

O alcalde de Cervo pídelles pois encarecidamente aos rexedores socialistas, que intercedan pola Mariña, “porque todos estamos desexando que chegue ese día no que a Ministra de Industria se achegue á nosa zona para darnos, por fin, boas novas: que as cubas seguirán operando, que a Comarca seguirá a producir aluminio primario e que está garantido o 100% do emprego”; subliña.