Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Alfoz prepara diferentes actos culturais para setembro

Por 2 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Alfoz prepara diferentes actos culturais no salón de actos da casa da Cultura e para o mes de setembro, así, o sábado 12 ás 20.00 horas haberá unha obra de teatro co título Relatos Negros de Manquiña.

O venres 18 ás 13.00 horas e dirixido ao alumnado do Ceip Plurilingüe Castro de Ouro poderase desfrutar de Pakolas e o seu contacontos a ritmo de rock Ti debuxas, eu c@nto.

O sábado 26 ás 19.00 horas A maxia da igualdade do mago David Méndez e é para todos os públicos.

Todas as actividades son de entrada libre pero respectando as limitacións de aforo segundo a normativa para prevención do covid-19.