Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A oposición de Viveiro pide que Loureiro respecte os acordos plenarios

Por 3 Setembro, 2020Sin comentarios

Por iniciativa da portavoz municipal do BNG de Viveiro, Míriam Bermúdez, todos os grupos da oposición de Viveiro, PP, Son Viveiro e Por Viveiro asinaron unha moción conxunta para o impulso do cumprimento das iniciativas dos grupos da oposición aprobadas nos plenos da corporación.

Segundo a moción “a alcaldesa, a pesares da súa obriga legal para facer cumprir os acordos plenarios, está a incumprir co desenvolvemento das iniciativas dos grupos da oposición aprobados en Pleno, e polo tanto, está a non tomarse en serio o mandato da maioría dos veciños que representa o Pleno da corporación municipal”.

Por isto os grupos municipais piden que o Goberno municipal leve a cabo o cumprimento riguroso da execución dos acordos das mocións presentadas que xa foron, e podan ser no futuro, aprobadas polo Pleno da corporación de Viveiro desde o inicio do mandato 2019/2023 e que manterá informado mensualmente á corporación sobre o estado de desenvolvemento dos acordos das mocións.