Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Burela segue coa campaña Garda os teus contactos

Por 3 Setembro, 2020Sin comentarios

A Concellería de Servizos Sociais de Burela segue coa súa labor de sensibilización á cidadanía para a prevención do covid-19, dentro da campaña Garda os teus contactos.

A edil Carmela López deulle onte a benvida aos usuarios da Fundación Eu Son e AFAN, aos que saudou dende a rúa e onde os técnicos levarán a cabo a campaña do Concello a nivel interno.

A concelleira burelesa, acompañada de traballadoras municipais e doutros membros do equipo de Goberno, tamén estivo nas prazas e parques da vila, segundo explicou “para falar cos veciños e preguntarlles se teñen claro o que é un contacto directo e a que número teñen que chamar se presentan síntomas. Ademais tamén despexamos as súas dúbidas sobre onde deben gardar a máscara ou cantas horas de uso lle deben dar”.

Carmela López subliñou que “xa está en marcha o sorteo que levaremos a cabo dentro desta campaña nas redes sociais e tamén a pé de rúa, onde recollemos o nome, número de teléfono e talla dos participantes”.

A campaña Garda os teus contactos, posta en marcha polo Concello de Burela o pasado 26 de agosto, “pretende escoitar aos veciños, as súas dúbidas e inquedanzas con respecto á crise sanitaria, para poder mellorar entre todos e afrontar esta situación con unión e conciencia colectiva. Incide no bo uso das instalacións municipais, espazos públicos, revisión de medidas correctas nas actividades promovidas polo Concello, charlas educativas e encontros telemáticos”, segundo lembrou a concelleira de Servizos Sociais.

Onte tamén saíron á rúa xogadores e xogadoras do Pescados Rubén Burela Fútbol Sala, que compartiron a experiencia a través das súas redes sociais.