Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Éxito do Club de bolos feminino xovense no Campionato de España

Por 3 Setembro, 2020Sin comentarios

As deportistas do Club de Bolos Xove deron unha gran alegría aos veciños de pola súa gran actuación no Campeonato de España Femenino de Bolos celebrado a pasada fin de semana, concretamente os dias 29 e 30 de agosto, no  parque da Cachada en Boiro.

Aínda que o Club se desprazou cun pequeno grupo de xogadoras, debido a unha serie inoportuna de lesións dalgunhas tiradoras, os resultados non puideron ser máis satisfactorios.

En categoría individual Julia López fíxose co seu segundo Campeonato de España; a tenor do xogo que está a realizar,e dende o seu equipo están convencidos que será a dominadora dos bolos nacionais dos vindeiros anos. Julia López, formando parella tamén coa xovense  Rosalba Formoso, e acadaron tamén un honroso cuarto posto na cateogoría de parellas.

Lara Rodríguez, membro dunha das grandes dinastías de  xogadores dos bolos xovenses xa que os seus avós, seu tío, os seus pais e seu irmán participan regularmente nas tiradas de bolos, destacou como unha gran xogadora e formando parella con Patricia González do CB Portomean, consigueu o Campeoanto de España por parellas.

A este gran triunfo habería que engadir o terceiro posto final no Campeonato de España Individual, entorchado que lle supuxo un fin de semana máxico e que, sen dúbida, vai darlle moitos pulos para seguir neste deporte e seguir crecendo como xogadora.