Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello da Pontenova comezou o estudo pola falla de salmónidos no río Eo

Por 3 Setembro, 2020Sin comentarios

O alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde anunciou que deu comezou no río Éo, o estudo pola falla de salmónidos que dirixe o biólogo da USC, Fernando Cobo. Un proxecto que se financia a través do Plan Único da Deputación cun investimento de 10.000 euros, e do que se obterán resultados a finais deste mesmo mes co fin de coñecer as respostas a este declive.

Campos Conde remarcou que esta iniciativa “é un clara aposta do goberno municipal da Pontenova en prol de preservar a nosa fauna e noso medio ambiente, e para coñecer así de xeito pormenorizado e científico que pasa exactamente co río Éo para que ano tras ano as cifras de troitas e salmóns, diminúan, o que conlevaría a extinción destas especies, algo que sería letal para a nosa Comarca”, advertiu.

O río Éo temos que preservalo, mimalo e coidalo

O rexedor afirmou que “o río Éo é vital no futuro da nosa vila, e entre todos temos que preservalo, mimalo e coidalo, aínda que non sexa unha competencia local. Hai que lembrar que o noso Concello sempre foi un punto de encontro e un referente para os pescadores de toda España. Por iso temos que seguir impulsando propostas e iniciativas que contribúan a mellorar a nosa Comarca e noso medio ambiente”, remarcou.