Skip to main content
Actualidade

O covid-19 continúa a súa expansión pola provincia con 44 contaxios novos

Por 3 Setembro, 2020Sin comentarios

A presencia do coronavirus na provincia continúa avanzando e golpeando aos sectores máis débiles, os maiores.

Este xoves foron confirmados 798 casos activos, 12 máis que onte que implican un total de 44 contaxios novos xa que se deron 32 altas e falaceu unha persoa.

Na presión hospitalaria poucos cambios nesta xornada, xa que hai un menos na UCI do Hula pero engádese un caso no Hospital de Monforte, manténdose o total de ingresados en 35 (2 na UCI e 33 en planta).

En datos totais xa son 2.248 os casos acumulados ata a data de hoxe e 1.408 persoas que superaron a enfermidade mentres 42 perderon a vida.

Os maiores dos xeriátricos de Outeiro de Rei e O Incio seguen ocupando as plantas dos hospitales. De feito, 17 foron ingresados nas últimas horas. Os cribados na procura de positivos seguen de forma continuada nestas dúas localidades e tamén en Lugo onde onte se contabilizaron 22 positivos novos.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.991 deles 1.425 son da área da Coruña, 798 da de Lugo, 386 da de Ourense, 271 da de Pontevedra, 302 da área de Vigo, 659 da de Santiago, e 150 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI (1 máis), 159 en unidades de hospitalización (3 máis) e 3.817 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.039 persoas curadas (160 máis), rexistrándose 651 falecementos (3 máis).

As cifras falan de 144 casos novos nas últimas 24 horas con crecementos en todas as áreas sanitarias.

Nas residencias de maiores, o número de afectados entre usuarios é de 168 (3 máis que onte), a maioría concentrados nos xeriátricos do Incio e Outeiro de Rei; mentres que o número traballadores destes centros contaxiados é de 64, catro máis respecto á xornada previa.

DEPUTACIÓN

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presidiu este xoves unha nova reunión do comité de seguimento dos centros de maiores de titularidade provincial co fin de abordar e avaliar as medidas adoptadas, a situación actual e as novas actuacións que se deben levar a cabo na xestión da crise sanitaria da Covid-19. Un dos asuntos máis destacados dos tratados na xuntanza foi a necesidade de realizar cribados masivos mediante PCR nas residencias de maneira periódica co fin de extremar a prevención do contaxio.

De feito, o Presidente anunciou que, seguindo o criterio técnico dos propios profesionais dos centros de maiores provinciais, a Deputación vén de remitir unha carta ás consellerías de Sanidade e de Política Social solicitando á Xunta de Galicia que realice, non só de xeito inmediato novas probas de detección do virus entre o persoal e os usuarios, senón que o faga de maneira regular. “A experiencia dos últimos meses veunos a demostrar que unha das medidas máis eficaces e efectivas para conter a Covid-19 é o cribado masivo”, subliñou José Tomé.

Na reunión de traballo, celebrada na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos, participaron ademais do Presidente, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; as directoras das catros residencias da Deputación, situadas na Fonsagrada, Pol, Ribadeo e Trabada; e persoal do servizo de Benestar Social.

“Se ben é certo, que dende a última vez que o solicitamos, a Consellería de Sanidade levou a cabo o cribado en dúas ocasións, pensamos que a actual situación que desgraciadamente estamos a vivir na provincia de Lugo aconsella unha vez máis a realización masiva dos test nos nosos centros residenciais. Ademais, estes cribados deberían realizarse con carácter periódico e non tan puntualmente como se vén facendo ata o de agora, posto que o persoal ademais de desenvolver o seu traballo nos centros, tamén ten a cargo a fillos menores que con carácter inminente comezan o curso escolar. É evidente que esta circunstancia acompañada da existencia de positivos asintomático incrementa exponencialmente os risco de contaxio”, asegurou o Presidente.

As directoras dos centros de maiores remarcaron a necesidade de trasladar información dos rebrotes ou casos positivos nos concellos nos que están abicados as residencias, así como dos municipios limítrofes e do resto da provincia. Así mesmo, tendo en conta a proximidade das residencias de Ribadeo e Trabada, que o Principado de Asturias comunique a mesma información.

Axuda do persoal sanitario
Como en anteriores ocasións, a institución provincial amosa de novo a súa vontade de colaboración para realizar os test poñendo a disposición do Sergas o persoal sanitario dos seus centros de maiores para a recollida de mostras e envío aos laboratorios e, deste xeito, axilizar o proceso. Neste sentido, o organismo provincial pídelle á Xunta de Galicia que faga extensible esta petición, pola súa necesidade sociosanitaria, ao resto de centros de prestación residencial da provincia.