Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Asociación Patrimonio Laurentino pide a cesión do mosteiro de San Salvador

Por 4 Setembro, 2020Sin comentarios

A nova Asociación Patrimonio Laurentino, creada por veciños de Lourenzá, quere recuperar o patrimonio do seu territorio e na súa primeira idea propoñen ao Obispado de Mondoñedo-Ferrol a cesión do mosteiro de San Salvador.

Para poder levar a cabo esta idea é necesario que o Obispado de o visto bo e comece un período de tramitación da cesión para poder crear nel unha residencia de maiores e nun futuro poder destinalo a fins sociais ou convertirse nun espazo rentable.

Segundo a asociación, “as sensacións son moi positivas, xa que agora mismo o mosteiro está sen uso e en ruinas”.

O colectivo fixo a súa presentación oficial o domingo 30 con ocasión da celebración do Conde Santo.