Skip to main content
Actualidade

O crecemento do virus refrénase na provincia

Por 4 Setembro, 2020Sin comentarios

Por primeira vez tras los distintos gromos que se deron na provincia, os datos de crecemento son negativos, xa que hoxe hai dous casos activos menos que onte, sendo un total de 796. Aínda así a noticia non ten un tinte tan positivo, xa que en realidade houbo 34 contaxios novos rexistrados o que pasa que se deron un total de 33 altas, un número moi elevado, que permite ver a caída das cifras por primeira vez nesta segunda onda. Once deses contaxios novos pertencen ao gromo derivado do pub lucense.

Aínda así tamén se rexistraron tres falecementos e aumentou a presión hospitalaria, cifras condicionadas pola situación que teñen os centros de maiores de Outeiro de Rei e O Incio. As defuncións corresponden a tres persoas usuarias do centro de maiores do Incio, polo que xa son 12 os falecidos procedentes deste lugar e 45 o total acumulado na provincia.

A presión hospitalaria aumentou nunha gran medida xa que xa hai 41 persoas ingresadas cando onte eran 33. Ademais as tres persoas mortas estaban ingresadas no Hula polo que o aumento é moi significativo. Ademais, hai unha persoa máis na UCI (tres) e o hospital da Mariña sumou un ingreso máis.

Nos datos xerais, xa hai na provincia 1441 curados dun toptal de 2.282 casos rexistrados ata a data.

GALICIA

A nivel galego, as cifras continúan crecendo pero a un ritmo máis lento porque hoxe hai 91 casos novos menos que onte.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.082 deles 1.445 son da área da Coruña, 796 da de Lugo, 412 da de Ourense, 279 da de Pontevedra, 327 da área de Vigo, 673 da de Santiago, e 150 da de Ferrol. Mentres en Lugo descenden os casos activos, en Ferrol mantéñense e no resto seguen subindo.

Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 171 en unidades de hospitalización (12 máis) e 3.896 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.200 persoas curadas (39 máis), rexistrándose 656 falecementos (5 máis).

Nas residencias de maiores, o número de afectados entre usuarios é de 168 (6 menos), a maioría concentrados nos xeriátricos do Incio e Outeiro de Rei; mentres que o número traballadores destes centros contaxiados é de 69, cinco máis respecto á xornada previa.