Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Alcoa e Liberty están acercando posturas

Por 5 Setembro, 2020Sin comentarios

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, comunicou que Alcoa e Liberty comezan a achegar posturas trala reunión celebrada na factoría cervense onte.

O vindeiro mércores o comité manterá unha reunión en Madrid, ás 16.30 horas, con representantes do grupo Liberty.

O pasado martes, Alcoa comunicou que se culminou a primeira rolda de negociacións pero agora aceptan o traspaso da factoría por un euro aínda que hai discrepancias sobre o diñeiro que Alcoa debe poñer encima da mesa e tamén sobre o papel da planta de alúmina do complexo, que abastece de materia prima á fábrica de aluminio.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reclamou a Alcoa que subsane as cuestións que dificultan o peche da operación de compra-venda da planta de San Cibrao. Así o manifestou durante unha nova xuntanza da mesa multilateral onde apelou á necesidade de avanzar nas negociacións para acadar unha solución definitiva para a factoría da Mariña e os traballadores que dependen dela.

O conselleiro apelou ao diálogo e reiterou a importancia de que tanto Alcoa como a empresa Liberty House persistan na senda do acordo. Nesta liña, é fundamental que o Goberno central non demore máis un prezo eléctrico que permita reducir os custos enerxéticos de factorías como a de Alcoa en San Cibrao. A industria electrointensiva segue á espera do Estatuto do consumidor electrointensivo; de que se autoricen as compensacións por custos indirectos de CO2 ata o máximo que permite a Unión Europea e de que se poña en marcha o novo mecanismo de xestión da demanda que substitúa a poxa por interrompebilidade.

Conde reiterou todo o apoio da Xunta de Galicia para que a fábrica de San Cibrao poida contar cun plan de futuro que garanta a actividade e o emprego, a máxima prioridade da Administración autonómica.