Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Ceip San Miguel de Reinante Barreiros mellora a súa biblioteca

Por 5 Setembro, 2020Sin comentarios

O Ceip San Miguel de Reinante Barreiros foi incorporado ao Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios para o curso 2020/21.

Así, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicouno no Diario Oficial de Galicia e que en total formará parte do PLAMBE este curso e que conta  un total de 705 centros públicos de toda Galicia. Na provincia de Lugo serán 88 centros públicos os que participen nesta iniciativa.

A dotación total asignada, para os centros de nova incorporación e para os de continuidade, ascende a 1.374.700‬ euros. As asignacións para as novas incorporacións estarán destinadas á actualización dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento. No caso dos centros de continuidade, poderán destinar as asignacións a fondos, a mobiliario e outros equipamentos ou a gastos de funcionamento específicos da biblioteca, en función do ano no que se integraran no Plan.

Entre outras cuestións, a convocatoria establece que as adquisicións dos fondos se realizarán, preferentemente, a través das librerías da zona de referencia do centro, e que deberán incluír materiais destinados á atención da diversidade (libros e outros materiais destinados ao alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe, necesidades educativas especiais, altas capacidades, alumnado inmigrante etc.). Así mesmo, a multiculturalidade e as diversas linguas con presenza no centro deberán ser convenientemente contempladas; e o 50% dos materiais adquiridos deberán ser en lingua galega. Ademais, poderase mercar con estas asignacións mobiliario específico e adaptado ás necesidades da comunidade educativa.

Por outra banda, os centros incluídos neste programa poderán recibir formación específica, no contexto do Plan anual de formación do profesorado e do propio programa, así como asesoramento a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería, desde onde se coordinará o plan de mellora e se levará a cabo o seguimento e supervisión oportunos.