Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

ACIA Foz anima á veciñanza a facer as súas compra de volta ao cole

Por 8 Setembro, 2020Sin comentarios

ACIA Foz anima á veciñanza a facer as súas compras para a volta ao cole e ao traballo no comercio local. Por este motivo ven de poñer en marcha a campaña Volver.

Con esta iniciativa invitan a mercar en Foz e na Mariña para prepararse para a volta ás aulas e ao traballo. No comercio local a clientela poderá atopar todo o que precisa para o outono: moda, complementos, material escolar e deportivo, libros, etc.

O presidente de ACIA, José Carlos Paleo, subliñou que “os locais comerciais de Foz e da Mariña están listos para a nova tempada de outono-inverno. Están dispostos para ofrecernos todas as novidades chegadas ás tendas nas que contan con todas as medidas de seguridade necesarias e recomendadas polas autoridades sanitarias para previr o covid. Xa levamos uns meses de rodaxe nesta nova normalidade e toca seguir traballando, toca seguir saíndo facer as compras na nosa vila, toca seguir saíndo tomar uns viños, comer ou cear na nosa hostalería. O que toca é facer vida nesta nova normalidade”.