Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

As actividades do programa Ler conta moito chegan a Lourenzá

Por 8 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Lourenzá leva ao Ceip Juan Rey as actividades do programa Ler conta moito os días 11, 18 e 24 deste mes.

O concelleiro delegado de Educación e Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “este ano, debido á situación do COVID-19, a Biblioteca Municipal de Lourenzá traslada as actividades do programa Ler conta moito, que se desenvolverán durante este mes de setembro, ao colexio da localidade”.

Manuel Arango anuncia que “a primeira será este venres. Baixo o título A Cinecleta na Biblioteca, Brais Moure cunha bicicleta con forma de cine mostrará aos alumnos do colexio laurentino os fondos mariños das Illas Atlánticas. O venres 18 será a quenda da maxia. O ilusionista Carlos Tomico impartirá un obradoiro no que se explicarán sinxelos trucos de maxia que poderán levar para a casa. Rematarán estas actividades o xoves 24 coa Ciencia de Harry Potter. Neste obradoiro levaranse a cabo experimentos sorprendentes, analizando de forma divertida a base científica dos contidos das novelas que protagoniza este personaxe”.

Estas actividades desenvolveranse con todas as medidas de seguridade esixidas polas autoridades sanitarias.