Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A biblioteca pública de Burela acolle un obradoiro creativo

Por 9 Setembro, 2020Sin comentarios

A biblioteca pública de Burela organiza para o vindeiro sábado, 19 de setembro, ás 11.00 horas un obradoiro creativo .

Está dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 anos e os 12 anos. Será necesario inscribirse na Biblioteca Pública , xa que as prazas son limitadas. O prazo rematará o día 17 de setembro . 

O obradoiro de cartón,  terá lugar na aula de usos múltiples da Casa da Cultura de Burela. No obradoiro os asistentes construirán bonecos articulados que sirven de títeres ou xoguetes, partindo dunha tira de cartón cuns cortes nos lugares axeitados, as dobleces pertinentes e cinta de papel para fixalos obterase a base do boneco que posteriormente adornará e personalizará cada neno e nena como queira.

Esta actividade está dentro do programa de Ler conta moito, un programa de dinamización da lectura nas Bibliotecas públicas. Con esta actividade preténdese contribuír á promoción da lectura como vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal. O desenvolvemento desta actividade de dinamización  no ámbito da biblioteca reforza o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alenta a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as bibliotecas proporcionan.