Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O comité de empresa de Alcoa valora positivamente o proxecto de Liberty

Por 9 Setembro, 2020Sin comentarios

José Antonio Zan, presidente do comité, comunicou trala reunión mantida hoxe con representantes do grupo Liberty na sé da empresa Ignis Energy, en Madrid, que “vemos que teñen un proxecto claro e conciso”.

“Informaron do plan industrial que teñen e é un plan concreto que conta de duas partes. Unha parte de inversión dentro da planta a cal estaría ao primeiro nivel para competir co resto dos axentes do sector e facendo produtos de valor engadido de moi alta competencia. E unha segunda parte que é a enerxética cun plan eólico, un solar, un de coxeneración, e de aforros noutros aspectos que nos porían un prezo moi competitivo e nos faría ser viables a longo prazo”, dixo Zan.

“O problema que temos a corto prazo”, segundo Zan, “é o contrato de Alumina que non queren aumentalo de 5 anos e a due diligence que queremos que sexan máis de dous días para poder revisar a planta ben e poidan saber onde necesitan ter máis inversións ou cales son as máis importantes”.

Tamén valorou que “teñen un proxecto claro e conciso e apoiado polos gobernos da Xunta de Galicia e o central, e vemos que Alcoa ten que deixar de poñer impedimentos e ten que deixar facer que esta venda sfructifiquese canto antes”.