Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Cervo comunicou o horario da piscina municipal e do ximnasio

Por 9 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo comunicou o horario de apertura da piscina municipal e do ximnasio.

Así, a reapertura que será o martes 15, farase en horario de luns a venres de 9 a 15 horas e de 16 a 22 horas; e o sábados de 9 a 13.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas

Para poder usar as instalacións será necesaria a reserva telefónica obrigatoria no horario de apertura da instalación 982 594 512. A reserva de praza pódese facer desde o luns, 14 de setembro.

O aforo estará limitado a un máximo de 24 persoas por franxa (que serán dunha hora e vintecinco minutos para favorecer a seguridade no momento do relevo).

Só se aceptarán reservas con 3 días máximo de antelación sobre a data desexada para facer uso do servizo. A máscara será obrigatoria sempre e en toda a instalación, salvo no momento do baño ou cando se estea realizando exercicio no ximnasio.

Por outra banda, no ximnasio é obrigatorio o uso de toalla persoal, e recomendan levar a propia esteira. Unha vez rematado o exercicio piden que se desinfecte a máquina ou o material empregado co xel hidroalcólico dispoñible na instalación