Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os Amigos da Terra organizan un curso de Mestría en Compostaxe en Viveiro

Por 9 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro é unha das entidades colaboradoras nun curso de Mestría en Compostaxe organizado por Amigos da Terra e destinado a persoas desempregadas.

En concreto, o obxectivo do curso é a formación de persoas técnicas especializadas en compostaxe de residuos orgánicos. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro martes 15 ás 08:00 da mañá.

O curso, proposto inicialmente coma presencial, desenvolverase a través de videoconferencias debido ás medidas para o control da covid-19. As prácticas e visitas realizaranse mantendo todas as recomendacións sanitarias.

As sesións servirán para formar a persoas desempregadas, preferentemente mulleres menores de 35 e maiores de 45, e preparalas para os próximos anos, nos que os municipios terán que separar a fracción orgánica dos seus residuos municipais e xestionalos principalmente mediante compostaxe.

A temática que se desenvolve nos cursos abordará o ciclo completo da xestión da fracción orgánica dos residuos, de forma que os técnicos formados poderán realizar labores como a posta en marcha e asesoría a participantes en programas de compostaxe individual; actividades de promoción da compostaxe, incluíndo campañas educativas para todo tipo de público; xestión de agro-compostaxe; xestión de centros de compostaxe comunitaria, e labores auxiliares en plantas de compostaxe.