Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Os positivos de Outeiro de Rei fan subir a máis de 900 os casos activos de coronavirus na provincia

Por 9 Setembro, 2020Sin comentarios

Os resultados das PCR realizadas aos maiores da residencia DomusVi de Outeiro de Rei dispararon hoxe, tal e como se esperaba, o balance diario da situación do virus na provincia.

Así son 123 casos máis que na xornada anterior aos que habería que sumar os casos que se engaden tras 23 altas que se concederon na xornada de onte. Deste xeito, xa son 920 os casos activos no día de hoxe.

Ademais continúa subindo a presión hospitalaria e xa son 61 as persoas ingresadas, once máis que onte, 2 hospital da Mariña, outras tantas no de Monforte, 17 no Polusa (onde onte había 10) e o resto no Hula. A UCI do Hula, a única con pacientes positivos, segue estable con 4 persoas.

Tamén houbo que lamentar catro falecementos máis, dous deles na residencia de Incio e unha da de Outeiro de Rei. Deste xeito xa son 17 persoas as falecidas procedentes deste gromo. Así, xa son 54 as persoas que perderon a vida dende que comezou a pandemia.

Debido á situación do elevado número de contaxios, que onte superaban xa os 160, a residencia foi intervida pola Xunta de Galicia. Aseguran tamén que a maior parte dos maiores que deron positivos están asintomáticos ou presentan unha patoloxía levve mentres que 16 están ingresados.

Por outra banda, foi detectado un positivo na residencia de maiores de Castro, o caso dunha usuaria que xa está ingresada no Hula á espera dunha operación de urxencia.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.364 deles 1.424 son da área da Coruña, 920 da de Lugo, 462 da de Ourense, 379 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 659 da de Santiago, e 176 da de Ferrol. Son por tanto 134 casos activos máis que onte.
Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI (3 máis), 181 en unidades de hospitalización (6 menos) e 4.158 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.158 persoas curadas (193 máis), rexistrándose 668 falecementos (6 máis que onte). A

Os datos das residencias de Lugo, xa inclúidos onte na súa maioría, indican que xa son 258 os usuarios de centros galegos afectados (6 máis) e 77 profesionais (9 máis).