Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Viveiro concede subvencións ás dúas asociacións de comerciantes

Por 10 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro e as dúas asociacións de comerciantes do municipio veñen de asinar os convenios para a concesión de dúas subvencións nominativas por un importe total de 15.000 euros.

Para determinar os importes de cada unha destas subvencións tívose en conta o número de asociados e comercios, concedendo unha axuda de 10.000 € á Asociación Centro Comercial Casco Histórico e outra de 5.000 € á Asociación de Comerciantes Beiras de Viveiro.

Estas axudas directas forman parte das medidas recollidas no Plan de Reactivación Económica posto en marcha por este concello, en virtude do acordo adoptado entre o goberno municipal socialista e o grupo Por Viveiro, co obxectivo de crear unha canle de axuda específica para o sector empresarial máis afectado polo peche da súa actividade durante o estado de alarma.

No caso destas axudas, trátase dunha subvención nominativa que se concede para a realización de campañas de promoción que axuden a dinamizar o comercio local nun ano marcado pola crise sanitaria e económica derivada da COVID-19.