Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música da Pontenova

Por 11 Setembro, 2020Sin comentarios

A Escola Municipal de Música da Pontenova vén de abrir o prazo de matrícula para este novo curso, que será a partir do 1 de setembro e ata rematar prazas.

As incricións poden facerse polas mañás na escola.

Existen diferentes materias de ensinanza na escola como linguaxe musical, armonía, acordeón, gaita, percusión, guitarra, baixo, piano e canto.

O prezo é de 20 euros por materia excepto en coro que son 12, e ademais existen reducións no caso de matrícula en máis dunha materia ou máis dun membro da familia matriculado.