Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello burelés asinou un convenio co Burela FS

Por 12 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello asinou un convenio co Burela FS, que seguirá a facer promoción do concello nos seus desprazamentos tanto nacionais como internacionais. A contía do convenio ascende a 15.000 euros.

O alcalde burelés, Alfredo Llano, declarou que “onte comezamos a asinar convenios con diferentes entidades, asociacións e colectivos deportivos, culturais e de calquera outra índole porque é unha obriga que o Concello estea colaborando con todo aquilo que sexa positivo para Burela, como pode ser o Burela Fútbol Sala Pescados Rubén”.

O rexedor sinalou que “asinamos ese convenio para este ano. É unha contía duns 15.000 euros, pero hai que ter en conta que realmente este club está favorecendo dunha maneira extraordinaria o deporte base, inculcando valores para as persoas que empezan unha actividade deportiva, a través das escolas deportivas. O noso obxectivo claro é favorecer todo o deporte base e inculcar unha serie de valores que son moi bos para toda a vida”.

Llano subliñou que “colaboramos con este club polo deporte base, pero sobre todo pola difusión extraordinaria que fai este club de Burela por todos os lugares polos que pasa, tanto sexa a nivel galego como por España e a nivel internacional. Hai que ter en conta que os dous equipos deste club están en Primeira División, tanto o feminino como o masculino. Son un exemplo de comportamento e de logros deportivos. Por esa razón estamos apoiando e queremos apoiar a este club, e por iso asinamos este convenio. Espero que sigamos así durante moito tempo e desde logo que esta forma de facer deporte, esta forma de facer xestión deportiva, sexa moi boa para o conxunto da poboación de Burela e motivadora para o conxunto da poboación que teña interese polo deporte”.