Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Rematadas as obras das pista que une Fabás con Lombo, en Chavin

Por 12 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro informa á veciñanza do remate das obras de reforma e renovación da pista ue une os núcleos de Fabás co Lombo, na parroquia de Chavín.

Os traballos, realizados pola Deputación a indicación do concello, comezaron no mes de xullo.

O Concello de Viveiro acomete diferentes actuacións de mellora que se prolongarán ata finais de mes en viais do municipio e rotondas, ademais doutros traballos dirixidos a mellorar o tráfico de vehículos e peóns.

Varios camións da Deputación de Lugo están traballando en Viveiro a disposición do concello para adecentar diversas zonas.