Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Comezan os Días Azuis do comercio en Foz

Por 14 Setembro, 2020Sin comentarios

AciaFozCCA anima a participar nos Días Azuis do Comercio Galego, que se desenvolven desde hoxe ata o 30 de setembro. Hai 16.200 euros en premios repartidos en tarxetas de 150 e 300 euros para seguir mercando no comercio local.

Desde AciaFozCCA explican que “despois de comprar nos negocios do noso pobo, o que temos que facer é rexistrar a compra na web www.diasazuis.com e gardar os tíckets, que entrarán no sorteo ante notario que se celebrará o vindeiro 7 de outubro. En xogo hai tarxetas regalo para seguir mercando e apoiando ao comercio local. Son de 300 e 150 euros, que veñen moi ben en calquera momento”.