O Concello de Viveiro pospón o III Premio de Novela Vilar Ponte

O Concello de Viveiro decidiu pospoñer a celebración do III Premio de Novela Vilar Ponte, que terá lugar en 2021. Esta decisión adoptouse tendo en conta as circunstancias actuais, en aras a preservar a saúde pública e co obxectivo de celebrar o acto de entrega en mellores condicións.

O goberno municipal agarda que o vindeiro ano poida dar continuidade a este certame que naceu co dobre obxectivo de render homenaxe aos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte e recoñecer a súa labor, ao tempo que se pretende apoiar e difundir a literatura en lingua galega.

Confía, ademais, que esa terceira edición sexa un novo éxito e que, igual que nas anteriores, se manteña á alta participación e calidade das obras presentadas, logrando consolidar este premio literario dentro do marco cultural galego.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: