Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Os Molineros: “Somos construtores e promotores, contamos con persoal propio e encargámonos de todo”

Por 14 Setembro, 2020Sin comentarios

Hai 50 anos que os irmáns Ramón e Antonio Rodríguez Vizoso fundaron a empresa que hoxe en día os seus fillos continuan rexentando.

Neste momento son o grupo inmobiliario de referencia na costa de Lugo e desde 1985 a súa actividade céntrase única e exclusivamente na promoción inmobiliaria.

Desenvolver a súa actividade no lugar no que viven permítelles coñecer de preto os desexos dos clientes, así como saber elixir os mellores espazos para construír.

Como comezou o grupo Os Molineros?

A empresa comezou co meu pai Ramón e meu tío Antonio hai máis de 60 anos, despois continuou o meu primo Juan e o meu pai Javier, e agora xa nos atopamos na terceira xeración coas nosas fillas. En principio adicábamos a facer reformas e logo seguimos coas obras públicas en colexios, e fai uns trinta anos xa comezamos coa promoción inmobiliaria de chalets, pisos, edificios, locais comerciais…, etc, promoción e construción.

En que se diferencian?

Nos diferenciámonos doutras empresas en que somos constructores e promotores, contamos con persoal propio e nos facemos todo. Ademais somos arredor de 30 persoas traballando.

Aínda que as súas oficinas principais son en Foz, teñen presencia en toda A Mariña?

Na actualidade estamos presentes na práctica totalidade das localidades da costa e estamos a desenvolver máis de 20 proxectos inmobiliarios en localizacións de gran beleza. Ribadeo, Viveiro, Foz, Barreiros, San Cibrao e Burela. En algúns xa contamos con obras rematadas, e por exemplo en Ribadeo e Burela imos comezar con novas promocións.

Notan diferencias entre as demandas dos veciños mariñáns duns municipios a outros?

Si. Foz é o Concello máis turístico e aquí vendemos unha porcentaxe moi alta e moi importante de segundas vivendas, ao igual que en Barreiros. Despois está Ribadeo e Burela que son máis de primeira vivenda, e en San Cibrao e Viveiro xa se reparte un pouco máis entre primeira e segunda.

Agora mesmo que ofrecen e que dipoñibilidade teñen?

Por exemplo temos moitos apartamentos de dous dormitorios que son os que máis demanda teñen, pero promocionamos vivendas de tres dormitorios. Despois nas zonas de Fazouro ou Lousada como a 500 metros da praia contamos con chalets adosados ou pareados que están nun prezo moi bo de 132.000 euros e que ademais cumpren requisitos como ser soleados, con moi boas vistas e preto de Foz e Burela. Destes quedannos catro en promoción coas estruturas feitas así o comprador pode rematalo como queira ao seu estilo.

Como lles afectou a crise?

É certo que houbo un paron en xullo, que nos afectou a todos os negocios en xeral e que foi como un tsunami, pero a finais de xullo e en agosto xa se recuperaron as cousas e vendemos case coa normalidade esperada e tamén contamos que en setembro pase o mesmo, aínda que hai algo menos de xente. Hai que lembrar que esta zona é moi boa para investir xa que temos prezos moderados ben sexa de vivenda turística como de principal. Mentras sega toda esta dinámica e evidentemente cando pase todo isto notarase nun aumento nas vendas, e xa digo, pese a ese parón de principios do verán o resto comportouse casi como esperabamos. Tamén esperamos que o ano que vén ao ser Xacobeo aumenten as visitas a nosa zona considerablemente e agora que se esta promocionando moito o Camiño do Mar moita máis xente visitaranos. É moi significativo que a cifra de xente siga subindo en Foz, Burela, Barreiros e Ribadeo, iso quere dicir que é xente que vén a vivir porque a zona é moi boa.

Contan con chalets con parcela?

Na zona de Lousada tamén temos fincas nas que cada un pode facer a súa casa a medida, e ten bastante demanda. Atópanse a 500 metros das praias e moi preto de Foz e Burela. Máis de 10 persoas nestes últimos anos decidíronse por esta zona porque din que as vistas son as mellores e inigualables e ademais está moi ben comunicada pola autovía.

Comercializan locais comerciais?

Contamos con locais tanto en venda como en aluguer pero si que é verdade que ultimamente notamos que os locais en venda teñen menos saída e a xente non está moi disposta a investir neste tipo, pero pola contra, si que notamos que moita xente vén preguntar polos de alugueiro. Nese senso, nós o que facemos é ter unha total dispoñibilidade hacia o cliente para preparar e chegar a un acordo económico para poder montar o seu negocio soñado. Contamos con locais en todos os concellos, digamos que onde temos máis locais podemos optar por ese sistema de reformalos e telos listos para entrar. Temos locais sen preparar por dentro ou sen rematar a fachada, así cada un pode adaptar o seu negocio, ao seu estilo, a forma do escaparate ou a entrada principal, por exemplo. 

Persoalizan tamén as vivendas?

Ultimamente os chalets si que se personalizan máis. Nun piso é máis difícil pero adaptámonos ás necesidades do cliente. Esto adoita facerse cando non están rematados, cando só hai estructura e sobre todo cando vai ser primeira vivenda.

A Mariña é boa para vivir?

Sempre recalcamos que a zona da Mariña é unha zona pouco coñecida, pero xa comeza a ser valorada pola xente e todo o que nos visita está encatado.  Esta zona é unha auténtica descoñecida pero A Mariña ten que valorarse e quizá nós temos que valorala máis. O turismo ten cada vez máis importancia na zona.

Contan con outro tipo de alugueiros?

Alugamos apartamentos turísticos por semanas, quincenas ou meses, e tamén adicaámonos ao aluguer de vivenda habitual. Ultimamente hai moita demanda de vivenda turística debido a que a xente prefire vir menos días pero desfrutar do que é a zona e moverse por toda A Mariña e moita xente vén en familia. Outras persoas tamén se decantan no inverno, nas fins de semana ou pontes festivas e vanse encantados da zona e descubrindo A Mariña lucense.