Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo comezou a ofertar as actividades para adultos deste ano

Por 16 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo comeza a ofertar as actividades para adultos deste ano, así, ofrecerán ximnasia de mantemento, pilates e aerozumba, tanto en Cervo como en San Cibrao.

Contarán con aforo limitado e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación

As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse na Casa da Cultura ou na Casa do Concello.

As sesións impartiranse ao amparo dun traballado protocolo de seguridade ante o covid-19; que a delegación de Deportes foi perfilando neste tempo, en coordinación coa persoa responsable de impartir as actividades.