Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Aberta a preinscrición na Escola Municipal de Música de Xove

Por 17 Setembro, 2020Sin comentarios

Dende o martes 1 ata o mércores 30 de setembro vai estar aberta nas oficinas do Concello de Xove a preinscrición para o curso 2020-2021 na Escola Municipal de Música de Xove.

Todos os alumnos que queiran preinscribirse deberán pasar polo rexistro municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición. Tamén  poden realizar esa preinscrición online, a través da páxina web do Concello.

O día 1 de outubro fárase público no taboleiro de anuncios do Concello o listado de novos admitidos na Escola Municipal de Música. Unha vez que o alumno sexa admitido, para formalizar a matrícula deberá entregar no rexistro ou a través dos email        carolina@xove.es ou xulianogueira@gmail.com, a seguinte documentación: fotocopia do DNI do alumno e da persoa que realice a inscrición e o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 euros en concepto de matrícula por alumno e curso completo antes do 15 de outubro.

Lembran que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o curso 2019/2020 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.