Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Concellería de Inmigración de Burela organiza un curso

Por 18 Setembro, 2020Sin comentarios

A Concellería de Inmigración e Cooperación organiza un cursiño formativo para axudar a alcanzar un bo grao de integración ás persoas estranxeiras. Esta acción, incluída no Programa de Atención a Inmigrantes do Concello de Burela, está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

O curso, que se celebrará do 21 ao 28 de setembro, terá unha duración de 24 horas e as persoas interesadas poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando ao número de teléfono 982 58 60 00.

A concelleira de Muller, Igualdade, Inmigración e Cooperación en Burela, Noelia María Ben, explicou que “o novo regulamento de estranxeiría presenta como novidade a emisión dos informes de esforzo de integración que poden ser válidos para as renovacións de autorizacións e nos que se avalía especialmente o esforzo de integración na persoa estranxeira, acreditando a asistencia ás accións formativas de coñecemento e respecto dos valores constitucionais de España, dos valores estatutarios de Galicia, dos valores da Unión Europea, dos dereitos humanos, liberdades públicas, democracia, tolerancia e igualdade entre homes e mulleres”.

A edil burelesa anima “ás persoas estranxeiras que residan en Burela a asistir a estes cursos, que organizamos varias veces ao ano”.