Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Docklands Academy: “Cumprimos coas medidas de seguridade fronte á covid-19”

Por 18 Setembro, 2020Sin comentarios

Docklands Academy é una academia de inglés sita en Foz, concretamente na céntrica rúa Eduardo Pondal número 13. O seu propietario é o londinense Michael Barry.

Mike, naceu en Londres, Reino Unido, pero canto tempo leva xa en Foz?

Levo xa 13 anos vivindo en Foz.

E cando decidiu crear Docklands Academy?

En setembro de 2016, é o primeiro curso que imparto como Docklands Academy.

A quen van dirixidas as súas clases?

Pois polo menos desde os tres anos e ata persoas maiores sen límite de idade.

Cantos profesores forman a academia na actualidade?

Agora mesmo para este inicio de curso somos tres profesores en total.

Toca falar do tema de actualidade, como afecta a covid-19 á súa actividade e que medidas de prevención adoptou Docklands Academy para ser seguros, sendo esta en principio unha actividade presencial?

Traballamos con grupos moi reducidos, con un máximo de 6 persoas por clase. As nosas  son moi amplas e todos os alumnos estarán á distancia esixida polas autoridades sanitarias. O propio modelo de aprendizaxe case que individualizado xa favorece que non existan aglomeracións de alumnos, son grupos moi pequenos, pensamos que é o ideal.

Así mesmo temos un protocolo de entrada e saída do centro, xel desinfectante, etc. Se tivéramos que facer uso de clases online podemos realizar o programa igualmente.

Para nós é prioritario garantir a seguridades e saúde dos nosos alumnos.

Os pais e nais poden estar tranquilos entón?

Si totalmente, estamos moi concienciados coas medidas de seguridade.

Se alguén se quere matricular nas clases aínda está a tempo de facelo durante este mes de setembro?

Si, ten que enviarnos un Whatsapp para pedirnos cita e nós procuraremos adaptar os nosos horarios para poder formalo. Pola mañá temos máis fácil encontrar flexibilidade de horarios

Cal é o teléfono no que poden contactar por Whatsapp?

Poden facelo no 605.738.247.

É unha vantaxe ter profesores tanto bilingües como nativos, que máis singularidades fan de Docklands Academy referencia na formación en inglés?

Outras academias céntranse só en gramática e máis gramática. Para nós tamén é importante, pero gústanos que aprendan a través de xogos, actividades interactivas con música, vídeos, imaxes…

Con solo seis alumnos por clase é moi fácil adaptarse e axudar a cada necesidade ou dificultade persoal. Somos a maiores centro preparatorio oficial de Cambridge para tódalas cualificacións, tamén para preparar accesos a escola de idiomas.