Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os mozos de Cervo a Carón do Voluntariado IV limparon a praia da Limosa

Por 18 Setembro, 2020Sin comentarios

Os mozos integrantes do programa de voluntariado xuvenil Cervo a Carón do Voluntariado IV realizaron unha actividade de limpeza na praia da Limosa.

Encheron ata dez bolsas con refugallos de todo tipo, 45 quilos de lixo acumulado; e ata atoparon un peixe lúa morto.

Esta xornada súmase a outra acción medioambiental que realizaron días atrás no areal da Caosa na que tamén apañaron quilos e máis quilos de restos contaminantes que invaden os nosos espazos naturais.