Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Pontenova acollerá as IV Xornadas Desconfinando a Terra de Miranda

Por 21 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello da Pontenova acolle as IV Xornadas Desconfinando a Terra de Miranda, que serán o 30 e 31 de outubro na casa da cultura.

Haberá un número máximo de participantes que será de 50, e por rigorosa orde de inscrición. Serán 12 horas e haberá que inscribirse, gratuitamente para o público xeral.

A inscrición para as persoas que desexen homologación da actividade (12 horas de formación) recoñecida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria serán 5 euros antes do 26 de outubro para socios da Nova Escola Galega, 10 euros para parados e 15 a cota ordinaria.

Para as inscricións desde o 27 d eoutubro serán de 10 euros para socios da Nova Escola Galega, 15 euros para parados e 20a cota ordinaria.

A convocatoria dos encontros por cuarto ano consecutivo constitúe, globalmente, unha proposta para a análise da situación do medio rural galego na actualidade. Esta análise realízase, por unha parte, desde a óptica especialmente educativa, pero tendo en conta que o que sucede no ámbito da educación non é nada máis que o reflexo dunha realidade global moito máis complexa.

Por outra, exemplifícase esta análise nunha comarca ben definida que ten sufrido nas últimas décadas unha transformación evidente e que, ao tempo dun progresivo e evidente despoboamento, foi quen de ir vendo nacer no seu seo iniciativas que provocan que non sexa utópico enxergar no horizonte un futuro posible. Esa comarca é a Terra de Miranda.

Esta actividade ten como obxetivo analizar e explicar, situándoa no seu contexto, a realidade educativa no medio rural galego, en xeral, e na Terra de Miranda en particular. Tamén identificar, a carón desa realidade educativa analizada, as características naturais, económicas, sociais, asociativas… que determinan o estado actual da comarca.  Por outra banda, situar estes elementos analizados e identificados, no contexto de Galicia e na procura da concepción dunha estratexia global de desenvolvemento do medio rural. E por último, poñer en común experiencias educativas que contribúan á planificación dunha estratexia educativa galega concibida desde e para o medio rural.