Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

As negociacións en Alcoa entran na última semana de prazo

Por 21 Setembro, 2020Sin comentarios

Tralas diferentes reunións celebradas nestas últimas semanas da mesa multilateral con participación do Goberno, Xunta, Alcoa, Liberty House e os sindicatos, as posturas entre ambas empresas seguen case igual de distantes.

En diferentes ocasión, os representantes da Xunta, Goberno e sindicatos pediron a necesidade de concretar canto antes un prezo eléctrico competitivo e que se axilicen as negociacións, e o pasado día 18 de setembro Xunta e Goberno central fixeron unha proposta de mediación, segundo o presidente do comité, José Antonio Zan, “é moi factible e moi boa tanto para Alcoa como para Liberty. Ademais Liberty lle fixo outra”.

Segundo informacións anteriores un dos principais puntos de desencontro é a duración do contrato para o subministro de alúmina, no que Alcoa ofrece un por 5 anos e Liberty pide 20 anos.

O domingo 27 rematada o prazo que se concederon Alcoa e Liberty para acadar un acordo para a venda da fábrica de aluminio do que depende o futuro dos 534 traballadores afectados polo ERE e os arredor de 400 de auxiliares.

Seguramente será unha semana na que os traballadores seguirán mobilizándose a favor dunha prota e áxil solución.