Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A plataforma de auxiliares de Alcoa activou a folga indefinida

Por 22 Setembro, 2020Sin comentarios

Dende a plataforma coordinadora de empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao ven de informar que durante a asemblea de traballadores das empresas auxiliares, tomouse a decisión por unanimidade de activar a folga indefinida que teñen convocada dende o pasado 21 de xullo.

A activación da folga será efectiva dende mañá mércores día 23 ás 06.00 horas e solicita o apoio de todos os traballadores das empresas auxiliares a que secunden dita convocatoria, así como solicitan o apoio dos compañeiros de Alcoa e da sociedade da Mariña, en todo o que esteña na súa man.

Ven oportuno e necesario a activación de dita folga na semana crucial para o futuro da factoría e da Mariña lucense, “as empresas auxiliares somos traballadores directos da factoría e imos loitar polo noso futuro ata o último momento do conflicto coas mesmas premisas que os compañeiros do comité de Alcoa”, din dende a plataforma.

“O proceso produtivo non se verá afectado por dita folga e para nada correrán risco as cubas da factoría”, engaden, e lembran que durante as mobilizacións é obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia social.

ASEMBLEA.

O día 25 de setembro o comité de empresa de Alcoa San Cibrao fará unha asemblea diante dos locais do comité ás 12 horas para tratar como único punto do día sobre a situación actual do proceso de venda e do posicionamento do comité para o día 28 de setembro.

Os traballadores solicitan a máxima asistencia.