Skip to main content
Actualidade

Os traballadores de Alcoa cortan a autovía en Outeiro de Rei

Por 22 Setembro, 2020Sin comentarios

Os traballadores de Alcoa mobilizáronse novamente no día de hoxe cun corte de autovía A6 á altura de Outeiro de Rei.

Esta manifestación consistiu nun corte da estrada con pneumáticos que mantén paralizado o tráfico con barricadas ardendo coma noutras ocasións.

Así, intentan presionar para unha pronta conclusión das negociacións entre Alcoa e Liberty e na que seguramente será unha semana na que os traballadores seguirán mobilizándose.

Onte, dende a plataforma coordinadora de empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao informaron que activaron a folga indefinida que teñen convocada dende o pasado 21 de xullo.

O domingo 27 rematada o prazo que se concederon Alcoa e Liberty para acadar un acordo para a venda da fábrica de aluminio do que depende o futuro dos 534 traballadores afectados polo ERE e os arredor de 400 de auxiliares.