Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Lourenzá organiza actividades dentro do programa de dinamización nas parroquias

Por 23 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Lourenzá organiza actividades de ximnasia de mantemento e aerolatino dentro do programa de dinamización nas parroquias. Esta iniciativa da Concellería de Deportes comezará o 5 de outubro e desenvolverase ata decembro.

A concelleira de Deportes, Sonia Gavino, anuncia que “o 5 de outubro comezarán as actividades de Ximnasia de Mantemento e Aerolatino, que se van a impartir durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. A actividade, que será totalmente gratuíta, farase en grupos reducidos (máximo 10 persoas) e con mascarilla obrigatoria”.

Os grupos e horarios serán:

En San Adrao: Ximnasia os luns e os mércores de 16 a 17 horas e Aerolatino os mesmos días de 17 a 18 horas.

En Santo Tomé: Ximnasia os luns e os mércores de 18 a 19 e Aerolatino os mesmos días de 19 a 20 horas.

En San Xurxo: Ximnasia os martes e os xoves de 16 a 17 horas e Aerolatino os mesmos días de 17 a 18 horas. 

En Lourenzá: Ximnasia os martes e os xoves de 18 a 19 horas e Aerolatino os mesmos días de 19 a 20 horas.

A formación de grupos será por rigoroso orden de inscrición, que se fará chamando ós teléfonos 664 462 196 (Sonia Gavino, concelleira de Deportes) ou 610 916 696 (Rubén G. Piñeiroa, técnico de Deportes). O prazo para anotarse está aberto ata o 30 de setembro ou ata esgotarse as 10 prazas ofertadas por quenda e actividade.