Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello mindoniense mellora a Ruta da Auga con sinalización

Por 23 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo acaba de mellorar a chamada Ruta da Auga, sinalizándoa para mellor orientación dos camiñantes e tamén para ofrecer información sobre as paraxes polas que discorre.

Os sinais instalados son de distinto tipo, pero todos eles feitos en materiais adaptados o ámbito natural no que se instalan. Algúns deles contan con paneis informativos nos que se detallan sinxelamente e con claridade as características do entorno, ou dos elementos máis singulares. As melloras levadas a cabo inclúen a corrección de impactos visuais ao longo da ruta.

Esta mellora da ruta foi financiada mediante unha subvención da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, con 14.860 euros. O custe total é de 17.968,50 euros. 

A Ruta da Auga arranca ao pe da Fonte Vella, en pleno casco histórico de Mondoñedo. En total son 15 quilómetros, que se poden acurtar segundo o gusto de cada camiñante. Un dos elementos máis notables desta ruta é o Salto do Coro, de 15 metros de altura. Ao regreso, a entrada a Mondoñedo polo barrio Dos Muíños é un excelente final para este percorrido.

O goberno municipal, con esta nova iniciativa, reafirma a súa decidida aposta polo fomento das actividades que potencian Mondoñedo como destino turístico de natureza.