Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O PP de Burela solicita a elaboración do V Plan de Igualdade entre mulleres e homes

Por 23 Setembro, 2020Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular vén de presentar unha moción a debater no vindeiro Pleno ordinario na que se propón a elaboración do V Plan de Igualdade entre mulleres e homes, que tería efectos entre 2021 e 2023, e tamén a elaboración da memoria avaliativa do plan anterior, o cuarto, que o goberno do PP deixara elaborado e aprobado na primavera de 2015, e con vigor ata 2017.

A concelleira popular, Ana Álvarez, considera que “Burela ten que ter un plan ou estratexia no que se definan os obxectivos a acadar en materia de igualdade, as actuacións e actividades a levar a cabo, e ferramentas de avaliación do que se consegue. O último plan deixouno elaborado e aprobado por unanimidade o PP en 2015, pero non se executou porque a día de hoxe non se coñece a avaliación do mesmo, e iso que o Grupo Municipal do mandato anterior solicitou en varias ocasións, en 2018, tal avaliación”, afirma.

Álvarez indica que o municipio conta con Centro de Información á Muller dende 1997, e que o mesmo atende tamén mulleres doutros concellos. Por iso, “e porque a situación socioeconómica que estamos a vivir, e que se agravará, pode afondar máis na desigualdade entre mulleres e homes, é preciso fixar unha estratexia e non limitarse a facer actividades illadas sen ningunha conexión entre as mesmas”, apunta.

A edil popular agarda que “ao alcalde e ao seu grupo lles dea un ataque de honradez, e tenten recuperar o tempo perdido. E ao BNG pedímoslles que sexan consecuentes co que din e que non atenda a prexuízos ideolóxicos ou de partido, e apoien a nosa proposta, polo ben da veciñanza de Burela”, sinala.