Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Os traballadores das empresas auxiliares de Alcoa seguen con intensas protestas

Por 23 Setembro, 2020Sin comentarios

Os traballadores das empresas auxiliares cervense de Alcoa seguen con intensas protestas para apoiar a venda da fábrica, nesta ocasión fixeron unha barricada de pneumáticos ardendono acceso principal á planta de San Cibrao.

Así, comezou a xornada de folga indefinida convocada activada o luns e que conta co apoio de todos os traballadores das empresas auxiliares así como cos compañeiros de Alcoa e da sociedade e veciñanza da Mariña.

Kike Rocha, portavoz da plataforma que agrupa aos traballadores, asegurou que “só entraron no complexo os traballadores das empresas que prestan servizos mínimos”.