Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O barrio dos Muiños de Mondoñedo organiza unha visita guiada

Por 24 Setembro, 2020Sin comentarios

O antigo barrio artesán de Mondoñedo, que recibe o seu nome dos numerosos muíños que se atopan nel organiza unha visita guiada.

Esta visita será este venres 25 ás 17 horas no marco das actividades de O Teu Xacobeo.

Este barrio alberga os antigos talleres de ferreiros e oleiros, que aproveitaban a forza da augados canais que atravesan o lugar. Hoxe en día consérvanse coma un símbolo de recoñecemento destes oficios ancestrais vinculados á cultura galega. Na actualidade o barrio alberga artesanía, cantería serigrafía e marionetas.